Celta de Vigo Regístrate GRATIS en la web de aficionados del Celta de Vigo.

Entrada na Champions

Tu partido
ForzaCELTA

Por ForzaCELTA

Entrada na Champions

Partido contra el Real Sociedad
Incríble, emocionante... A miña primeira gran festa na praza América. A Champions. Porque en anteriores ocasións era pequena demais e non me deixaban ir celebrar nada, case nin ver o Celtiña. Pero ese día foi especial, vimos o partido co tío, os curmáns, irmán... E pasou o que todos queriamos... Champions. Aquel día xa todo daba igual, Vigo era unha das cidades máis felices do mundo, non importaba a idade, o ter que ir a clase ou a traballar o día a seguir..., unha das festas máis importantes estaba na praza América. :)