- Portada
- El Reportero
- Noticias del Celta de Vigo
- "O derbi galego" por Roquinho_volve
"O derbi galego" por Roquinho_volve
by
Publicar noticia
"O derbi galego" por Roquinho_volve NOTICIA
Volver- Tweet
- Share
-
- con un amigo
Compartir
Bos días, celtistas!!!
Co gallo da euforia que se respira estes días ao redor do noso equipo, quería facer varias cuestións, a ver que vos parecen e que opinades:
* É esta euforia que estamos a vivir boa, mala, ou non inflúe? Desde o meu punto de vista, se inflúe para algo, aporta cousas positivas, posto que a xente está máis contenta e iso vai influíndo en que vaia máis xente ao campo, iso pola parte da afección. Se a afección transmite ese optimismo ao equipo, o equipo se sentirá moito máis cómodo en Balaídos (igualinho cós anos pasados) onde ten que xogar nada menos que a metade dos puntos en xogo. Ademais, e isto calquera que tenha practicado deporte algunha vez, sábeo ben, o estado de ánimo influe e moito, e as dinámicas positivas fan, ao igual que as negativas que pesen as pernas máis do debido, fan que os xogadores voen no canto de correr e que o equipo sexa xusto iso, un EQUIPO, moito máis solidario e conxunto. O único perigo no que podemos (ou máis ben poden caer os xogadores) e na arrogancia e no menosprezar ao contrario... Que queredes que vos diga... Se Herrera leva tantos anos nisto, suponho que saberá manexar este tipo de situacións... Por canto á afección... Din que canto máis alto chegas, de máis alto caes, pero nós xa sabemos diso, ninguén nos ten que dar leccións nese senso! Non en van, somos un equipo capaz de xogar a Champions League e descender na mesma tempada... (e disto fai só 7 anos). Non sei, para min está claro que temos que disfrutar o momento e irmos partido a partido... polo momento levamos 15 puntos e estamos a 12 do descenso, que non está nada pero que nada mal. É obvio que non imos manter este ritmo toda a tempada (levamos unha proxección de 105 puntos), pero pouco a pouco... Paseninho, paseninho, vaise facendo o caminho. E vós??? Que opinades?
* Herrera mellor que Eusebio? De Herrera podemos dicir moitas cousas, e case que todas boas, porque até o dagora semella que deu coa tegra axeitada para levar o noso equipo arriba (sempre coa perspectiva que nos dan as 6 xornadas de Liga desputadas). Eu coido que estamos a ser algo inxustos con Eusebio. É certo que Herrera conta cunha experiencia á que Eusebio lle restan moitos anos para chegar pero... Tamén é verdade que parte do éxito do actual Celta está baseado no conxunto que construíu o noso ex-xogador. Reconhezome sacristanista, (e así o dixen no seu momento) pero o certo é que penso que, obxectivamente, o que Herrera está a facer é unha versión ampliada e mellorada do conxunto de Eusebio. Se ben futbolísticamente as ideas non son as mesmas, hai que reconhecer que as asociacións e o fútbol de toque mantense desde a tempada pasada... Si, a de Eusebio no banco. Doutra banda, as fichaxes deste ano foron bastante mellores cás do ano pasado. Só un dato é que só un xogador do noso "tridente máxico" composto por Trashorras, De Lucas e David Rodríguez estaba o ano pasado e... que casualidade! Foi o noso máximo goleador! Ademais, o resto da dianteira que tinhamos o ano pasado... en fin... Só comentar que David Rodríguez leva este ano (xornada 6) os mesmos goles que toda a dianteira do Celta do ano pasado... E iso creo que non era culpa de Eusebio. O gol tense ou non se ten, Eusebio non o tinha no seu equipo o ano pasado e Herrera teno este ano. Creo que é xusto darlle ao César o que lle é de seu, non vos parece?
* Dépor a segunda? É certo que levamos moitos anos, demasiados diría eu, aturando as imbecilidades dos vecinhos do norte, que se sumaban á nosa desgraza persoal, e que, agora que viraron as tornas, moita xente anda pensando que a vinganza se serve en prato frío. Ben... eu que queredes que vos diga! Coido que o Celta e o Dépor necesítanse e que do mesmo xeito, a afección necesita esa rivalidade traducida en partidos de fútbol. Ou vós non botades en falla un derbi? Non vos apetece volverlles ganhar en Riazor? A vós non vos pasa (ou pasaba, por desgraza) que cando mirabades o calendario da Liga en Primeira, había un partido que agardabades con impaciencia, e era o derbi? A verdade é que se penso esas cousas, eu prefiro subirmos nós e eles... Pois que lles pase o que lles tenha que pasar!!! Doutra banda... Tampouco semella demasiado intelixente criticalos por vir aos nosos foros no seu tempo (cousa que me consta tenhen feito) e agora estar nós a facer o mesmo... Entre outras cousas porque, no fondo quedan 36 xornadas de Liga na Segunda e 32 na Primeira... E isto pode dar moitas voltas aínda! E xa se sabe que o que ri de último, ri mellor, ou iso é o que se soe dicir.
Non sei, eu non lles desexo ben, por suposto, pero non sei se me faría graza que desaparaceran... Volo digo porque servidor é, ademais de celtista acérrimo, siareiro e aboado do CB Breogán e... nós botabamos en falla un equipo co que ter unha rivalidade especial... Até que chegou a Xunta para beneficiar ao Obradoiro cos seus millóns da man de tódolos galegos e algún que outro autobuseiro traidor (por certo, ex directivo do Celta tamén, disque anda a buscar a sona no deporte) e nos solucionou a papeleta... Claro que iso é outra historia! E vós... de verdade non botades en falla un derbi galego no máis alto???
FORZA CELTA
e... como bo lugués...
VIVA SAN FROILÁN!!! :) :) :)
Depor-celta
¿Quieres participar en esta sección?
Si ya eres miembro, entra / loguéate.
Si aún no estás registrado en halacelta.com:

Por