Celta de Vigo Regístrate GRATIS en la web de aficionados del Celta de Vigo.

¿Por qué "ForzaCELTA" es del Celta de Vigo?

¿Por qué lo eres tú?
ForzaCELTA

¿Por qué ForzaCELTA es del Celta de Vigo?

Porque é algo que se leva no sangue... algo que está aí, non tes moi claro por qué, pero síntelo. É algo sen o cal non es capaz de vivir. Porque non hai palabras para describir a celebración dun ascenso, dunha entrada na UEFA ou na Champions; unha vitoria ao eterno rival, un baño ao madrid, barça, benfica e quen se poña por diante... Porque so nós celebramos goles coma se fosen títulos, pese a non ter ningún.
Porque soño co día no que un homiño vestido coa camisola celeste, co escudo do meu corazón, suba onda alguén para recibir un título, unha copa...
Porque me encanta soñar, ilusionarme, rir e chorar por algo que ninguén entende... porque non necesitamos títulos para ser os mellores para a nosa afección, e iso non mo vai dar ninguén.

SEMPRE CELTA!